ivanpuentes.com

Logo de Baltar, Baltar…

Pedíanos Aida Pena este venres na SER aos participantes na tertulia de La Ventana de Galicia que nos mollásemos sobre quen críamos que gañaría o congreso provincial do PP de Ourense. Martiño Noriega, Alcalde de Teo e máis eu tiñamos claro que gañaría Baltar junior. Acertamos.

A quiniela non era difícil, pois a loita era desigual. Era evidente que os métodos de Baltar (con eso esta todo dito) darían de novo os seus froitos. Métodos, por certo, que foron os mesmos que lle valeron a Fraga, a Feijoo, a Rajoy ou a Rueda cando precisaron gañar eleccións ou procesos internos, pese a que agora finxan hipócritamente descualificalos ou afastarse deles para defender ao outro candidato.

As prácticas do Baltarismo (enchufe de familias enteiras, venda de favores…) parécenme deplorables, pero dubido seriamente se é peor para Galicia o caciquismo baltariano do país ou o facherío madrileño feijoiano. Creo que me parece menos malo o primeiro, aínda que o desexable fose unha corrente "normal" dentro do PPdeG, corrente que de momento semella imposible.

4 comentarios

  1. Rafael Cuiña | 5 de Febreiro de 2010 - 12:55 pm

    Estimado Iván: Eu considérome bastante “normal”.

    Un saúdo dende o Deza

  2. Iván | 6 de Febreiro de 2010 - 7:45 pm

    Non o dubido, estimado Rafael. É máis, coñezo moita xente “normal” no PP, pero o problema, e a iso me refería ao dicir que de momento semella imposible unha corrente “normal” no PP, hai que consolidar a alternativa para que sexa tal. Ánimo!

    Saúdos dende Ferrolterra.

  3. Logica aplastante | 25 de Febreiro de 2010 - 1:07 am

    “ainda que o desexable fose unha corrente “normal” dentro do PPdeG”

    E evidente que se non é unha corrente normal e unha corrente anormal e polo tanto o PPdeG son anormales mais claro auga.

  4. Walter Alonso | 27 de Xullo de 2010 - 4:25 pm

    Boas tardes:

    Dende o meu exilio laboral, estou de vacacións, intentarei porme o día en moitas cuestións. A principal que me move é ver que pasa no seo do PPdG, que ocorreu co movemento galeguista de dereitas en Galicia e por que fica afastado dos medios, co seu permiso sr. Cuíña.
    Gosto de analizar as leituras de Rafael en Vieiros, pero agora quedamos sen esta páxina de corte galeguista.
    Quizáis Baltar Senior esté un pouco maior para ter a forza de emprender a revolución azul (movemento das boinas dentro do PPdG) pero xente como Cuíña ou Baltar Jr. teñen a posibilidade de facer política dende Compostela, pensando en Galicia, e mellorando a vida dos galegos.

    Boto en falta o seu pai, pero coñecer o seu fillo foi o mellor que pasou (políticamente falando) no último lustro. Como lle dixo o profesor, “sega picando nese duro muro de pedra”

    Un abrazo dende O Morrazo!

Deixa unha resposta