ivanpuentes.com

Un día moi feliz no meu mundo

Onte foi un día especial, moi feliz. Onte recibín, xunto con Mabel Rivera e Manolo Rivas, a Beca de Honra da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo, distinción que recoñece o traballo de determinadas persoas no ámbito da Publicidade e as Relacións Públicas, a Comunicación Audiovisual ou a Xestión e a Administración Pública, as tres titulacións que se cursan nesta facultade.

É sempre unha ledicia que compañeiros/as de profesión ou de titulación se fixen positivamente no teu traballo, pero este recoñecemento aínda me soubo mellor, creo, por ter sido alumno da facultade. Alí estaban profesores, compañeiros de clase, traballadores… cos que pasei un día maravilloso falando de pasado e de futuro.

Decateime de que, a pesar de ter marchado de Pontevedra hai 7 anos, aínda teño e creo que sempre terei un fío invisible que me une á Facultade de Ciencias Socias e á súa xente, un fío que fai que alí sempre me sinta como na miña casa, no meu mundo.

Grazas ao decanato e a tódolos profesores de Ciencias Sociais e da Comunicación por facerme o mellor regalo que se me podería ter feito! E noraboa tamén ás dúas veciñas de Fene que se licenciaron no mesmo acto; unha fermosa coincidencia…

11 comentarios

  1. José-Luis Prieto | 11 de Outubro de 2009 - 12:28 am

    Noraboa!

  2. Xabier Pita Wonenburger | 11 de Outubro de 2009 - 10:43 am

    Parabens

  3. Diego Pena Luaces | 11 de Outubro de 2009 - 4:05 pm

    Noraboa Iván!

  4. Letizia | 12 de Outubro de 2009 - 1:48 am

    Te lo mereces,te o curras,eres un gran trabajador.

  5. el_angel_negro | 12 de Outubro de 2009 - 8:37 pm

    ..me alegro enormemente y ¡¡Te Felicito¡¡

  6. A.Loira | 13 de Outubro de 2009 - 11:49 pm

    Un orgullo para os feneses e pontevedreses!

  7. tonina | 22 de Outubro de 2009 - 11:39 am

    Felicidades Iván por este recoñecemento,sempre é bo que
    o teu traballo e dedicación se vexa recompensado.Desexo igualmente que todo isto che serva para poder desempeñar cada día mellor e con ilusións renovadas as túas funcións de alcalde.

  8. tonina | 23 de Outubro de 2009 - 10:46 am

    Felicidades Iván polo teu traballo e entusiasmo.

  9. Antonia Filgueiras | 26 de Outubro de 2009 - 5:26 pm

    felicidades iván,sempre é bo que a un se lle recoñeza o seu traballo;desexo que che serva para poder realizar con gran entusiasmo o teu labor de alcalde.
    un abrazo.

  10. Antonia Filgueiras | 26 de Outubro de 2009 - 5:28 pm

    Felicidades

  11. pepa | 7 de Xaneiro de 2010 - 8:59 am

    en fene todos sabemos que en comunicacion vas sobrado pero en lo de ser alcalde yo no te daria ningun reconocimiento somos tu gente te votamos hay demasiada gente que lo esta pasando muy mal y lo unico que recibimos si es que estamos tan desesperados como para ir al ayuntamiento a hacer cualquier pregunta son malas caras de las señoritas y malas contestaciones que te hacen sentir como una ignorante lo unico que hacen es undirte mas lo primero que hay que tener es gente con educacion no hablo por mi solo hablo por gente desespeerada que solo recibieron malas contestaciones y no tienen internet para mandarte correos, ya se que toda esa gente esta fija y que no las puedes echar por eso son asi solo deverias preocuparte mas por lo que hacen y por tu gente no todo son premios en esta vida tambien hay que currar por lo menos tu que lo tienes.

Deixa unha resposta