ivanpuentes.com

Falando de Fene en Valencia

Hoxe estou de visita relámpago en Valencia, 24 horas xustas para falarlles de Fene aos compañeiros e compañeiras do Partit Socialista del País Valencià. Invitado pola Secretaría de Política Municipal e Cidades do PSOE e polo amigo Dani Casal, participei como ponente, xunto con David Cierco, Director Xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información do Goberno de España, nun curso sobre comunicación política e, concretamente, sobre novas canles de comunicación, de relación coa cidadanía, na política municipal.

Foi moi gratificante ver como compañeiros/as de Valencia, Alacante, Elxe, Castellón, Burjasot, Benidorm, Xixona, Alzira… se interesan polo traballo que os socialistas estamos a desenvolver en Fene nos últimos anos e como queren saber o xeito no que traballamos para poñer en marcha experiencias similares nas súas cidades. Tamén nós tomamos nota de boas prácticas que se están desenvolvendo en concellos similares ao noso.

Unha aperta dende aquí e un millón de grazas a Dani Casal e aos compañeiros/as da dirección rexional do PSPV-PSOE pola iniciativa e por pensar nos socialistas de Fene como mostra dun bo traballo.

4 comentarios

  1. Dani | 4 de Abril de 2009 - 1:28 pm

    Moitas grazas a ti por participar nesta experiencia piloto, estivo moi ben a tua intervención, unha aperta dende a clausura.

  2. Iván | 4 de Abril de 2009 - 3:21 pm

    Tódolos socialistas de Fene e eu en particular estaremos á vosa disposición semnpre que o precisedes. Moitas gracias de novo e apertas para todos e todas; para ti máis, Dani ;-)

  3. Ferran Bellver | 6 de Abril de 2009 - 3:40 pm

    Hola Ivan. estuve en el curso. Muchas gracias por tu intervención. Creo que este curso me va a servir mucho a mi, en particular, y también a mi Agrupación, en general.

    Muchas Gracias por todo y sabes que las puertas de Valencia las tienes abiertas para cuando quieras volver a venir..

    Saludos desde Valencia

  4. Óscar Martínez | 11 de Abril de 2009 - 12:57 pm

    Visitaches boas terras; teño por ali un tio e uns amigos; concretamente en Algemesi e en Valencia Valencia…

Deixa unha resposta