Gran Video da campaña, gustame ainda este máis que o outro. Ademais, neste sale “O meu mellor amigo chamase Oscar, penso que non houbo dia que non falase con el; para min é O Amigo” xDDD a mellor parte do anuncion.
Porque no voso programa a verdade é que non se atopa un só indicio de que nos vaiades preparar, máis ben todo o contrario! E nalgo de consecuencias tan graves para todos e cada un de nós non comprendo como podedes estar tan tranquilos e non facer o máis mínimo caso das voces de alarma da comunidade científica e dos propios organismos internacionais que os propios estados creastes para vixiar o sistema enerxético mundial!
sandra | 22 de Febreiro de 2009 - 9:18 pm
Boas tardes a traves de este blog gustariame facer unha pregunta referida ó poligono de Vilar do Colo, queria saber como pode ser que neste século non chegue suficiente potencia de luz ó polígono e haxa empresas de recente construccion que teñan que mercar xeneradores de corrente para facer fronte a sua necesidade enerxética, non sei se será cousa de Fenosa ou terá algo que ver o concello.
militante | 2 de Marzo de 2009 - 7:46 pm
A ATT.: Emilio Pérez Touriño
Escríboche estas verbas coa finalidade de expresar o que sinto agora mesmo e coa esperanza de que nalgún momento as poidas ler.
Para moitos mozos e mozas galegos ti sempre serás o noso Presidente, o líder político que conseguiu mobilizarnos naquel comezo de verán do ano 2005 e que nos devolveu a ilusión na democracia e na clase política.
Con esas gañas que fuches quen de transmitirnos e coa confianza de que só ti, e non outro secretario xeral do PSdeG, podías facer de Galicia o país que sempre debeu ser, aunei todos os meus esforzos, persoais e profesionais, para darlle pulo ao teu proxecto. Fíxeno convencida de que estaba apostando polo mellor para o meu país e para a súa xente, pero tamén convencida de que non me ías defraudar, de que aínda que se cometesen erros, de que aínda que non entendese moitas decisións políticas que sabía que ías tomar, ti representabas os valores e os ideais de moita xente coma min.
E así foi Presidente, así foi.
Onte deitámonos co amargo sabor dunha derrota en maiúsculas, inesperada e contundente, que hoxe che levou a presentar a túa dimisión como secretario xeral do PSdeG. Sei que na túa vida se abre unha nova etapa, que para o alumnado da Facultade de Empresarias será unha boa nova, que a túa muller e os teus amigos tamén se aledarán de poder volver gozar do teu tempo, da túa presenza, da túa conversa… mais para min hoxe é un día de decepción, de tristura, é o meu primeiro desengano real coa vida política galega.
Nacín coas primeiras eleccións democráticas galegas e medrei durante o fraguismo. Lémbrome da felicidade de meus pais durante o tripartito galego e de que sempre falaban dun tal González Laxe. A medida que fun medrando fun adquirindo conciencia política e implicándome, en maior ou menor medida e en diversos ámbitos, na vida asociativa e política da miña terra. Mais nunca sentín a necesidade de afiliarme porque, mal que soe, a miña confianza nas organizacións políticas e nalgúns dos seus dirixentes, dista moita da que debe profesar un militantes de carné.
No ano 2004 tiven a oportunidade de aportar o meu gran de area a túa campaña, ao teu proxecto, a oportunidade de verche, de saudarche e de traballar no que consideraba que podía ser un proxecto de futuro para Galicia. Un proxecto sereo, responsable, de compromiso e esforzo coa terra e coa xente, un compromiso soialdemócrata e galeguista, o teu compromiso que fixen meu.
Foron meses moi duros de traballo, días interminables desempeñando todo tipo de tarefas, xornadas de estrés e présas de última hora, pero mereceu a mágoa, sen dúbida. Aínda me emociono ao lembrar os acordes daquela gaita, que o día da túa investidura, fixeron soar o antigo reino de Galicia na Praza do Obradoiro. Eses minutos, Presidente, e as túas verbas, recompensaron todo o esforzo de meses anteriores e fixeron que en Galicia volvese brillar o sol.
Non ascendín coma a espuma, optei por un plano secundario, por traballar de xeito profesional na vida política pero desde unha oposición que só adoptamos os que creemos que o traballo ben feito pasa por traballar desde o anonimato, sen grandes pretensións, por contribuír a un proxecto no que se cree sen ocupar cadeiras en altas esferas, por formarse e seguir aprendendo sen présas, porque o camiño, era ben sabido, ía ser longo e duro.
Hoxe moitos compañeiros e algúns amigos afrontan con dor os resultados electorais, viven estas horas con incertidume e desolación. O sono dalgúns viuse truncado polo regreso ao pasado, o noso peor pesadelo volveu a facerse realidade, e só nos queda nos beizos a experiencia destes últimos catro anos e as forzas e pleno convencemento, de que sairemos adiante.
Fai uns meses decidín afiliarme ao partido, sabendo que esa decisión non viña motivada polas miñas aspiracións políticas, nin por sumarme a un proxecto nun bo momento político, nin sequera porque cambiasen as miñas concepcións sobre as organizacións políticas e os seus cargos orgánicos, senón por loitar e aportar saber a traballo. Por impedir na medida do posible que a avaricia e a malas artes de moitos dos teus compañeiros de partido, tamén meus, impedisen que moitos galegos e galegas coma min, volvesen descrerse da política e dos seus dirixentes.
Cometéronse erros de estratexia, de discurso político e institucional, non se foi quen de transmitirlle aos galegos todo aquilo que se estaba a levar a cabo, non se tivo a forza e a capacidade de devolverlle a esta sociedade o ideario de esquerdas. Nomeáronse altos cargos con formación e coñecementos das áreas que xestionaban, pero tamén houbo que devolver moitos favores e mirar por aqueles cuio maior mérito era pertencer a organización e ter estado aí desde sempre, nalgúns casos, e desde facía nada noutros moitos.
Pensamos que estaba todo feito, que o cambio se ía consolidar, que na ausencia dun partido político na oposición con forza e ideas, e con ese candidato, pouco esforzo había que facer. Pero trabucámonos. Infravaloramos a forza da dereita neste país e os galegos falaron.
Hoxe non é un día triste por ter perdido as eleccións autonómicas, que ben podería, senón por terte perdido a ti, Presidente. Por ter que asumir na túa persoa os erros de moitos, por pensar que agora comezará a loita pola túa sucesión, por saber que non hai quen vai a estar á altura, por non crer na organización e por espertar deste sono que foi, coas súas luces e as súas sombras, o teu goberno.
Hoxe é un día triste porque o partido perde a un dos seus máximos referentes, porque desde Madrid faltoulle tempo a algún para pedir a túa cabeza, porque ao final sempre se teñen que sacrificar os grandes homes dos seus tempos e só quedan os imbéciles e escuros.
Grazas Presidente, por estes catro anos. Grazas polas túas verbas cando eras candidato, polo teu ánimo e polo teu esforzo incansable. Grazas por ter dirixido os designios deste país nos últimos tempos, por devolvernos a ilusión polo traballo ben feito, polas políticas sociais, pola transparencia e a serenidade. Pola corrección e as formas, pola educación e o “talante”, polas innumerables leccións e acepcións que conferiu contigo ese termo tan denostado que é a democracia.
Grazas por ser quen de tomar a decisión máis difícil da túa vida e emocionarnos coa túa grandeza, coa túa humildade e co teu saber estar. Grazas e ata sempre, Presidente.
Deixa unha resposta
Que é isto?
Estás a ler unha anotación que forma parte do weblogivanpuentes.com.
Foi escrita o Luns, 9 de Febreiro de 2009 ás 2:56 am.
Podes seguir as respostas á anotación usando o feed RSS 2.0 ou escribir un comentario ou facer un trackback dende o teu propio weblog.
Gran Video da campaña, gustame ainda este máis que o outro. Ademais, neste sale “O meu mellor amigo chamase Oscar, penso que non houbo dia que non falase con el; para min é O Amigo” xDDD a mellor parte do anuncion.
Vemonos Ivan ;-)
A min o que che me gustaría é saber como o voso partido pensa preparar a sociedade e a economía galega para o problema que imos topar en canto comecemos saír (se saímos) da recesión, e do que xa se cansan de advertirnos desde organismos internacionais: http://vesperadenada.org/2009/02/20/cando-levantemos-cabeza-da-crise-economica-bateremos-coa-crise-enerxetica/