Socialistas de Ferrolterra
Mentres no PP, tal e como ten recoñecido o seu propio candidato, buscan mulleres para poder pechar as candidaturas ao Parlamento de Galicia antes de que finalice o prazo legal, os socialistas xa aprobamos as nosas esta fin de semana. Así, o luns tiven o pracer, como Secretario Xeral do PSdeG de Ferrolterra, de acompañar e presentar en rolda de prensa aos compañeiros e compañeiras desta comarca que formarán parte da candidatura socialista pola Coruña: Bea Sestayo, Katy García, Nacho Filgueiras, José Carlos García Vilameá e Ramón Martínez.
Son cinco compañeiros e compañeiras apoiados polos militantes nas asembleas de tódalas agrupacións municipais de Ferrolterra e que representan, como outros moitos que non estan nesta candidatura, os mellores valores do socialismo: liberdade, igualdade e solidariedade. Téñovos ademais que confesar que me produce unha emoción especial a sua designación, porque todos eles, da man doutros moitos militantes dos demais concellos da comarca, forman parte desa xeración de compañeiros/as socialistas que hai uns anos decidimos traballar xuntos para darlle un novo pulo renovador ao PSdeG en Ferrolterra.
Tan só queda facer un último esforzo para explicar claramente o moito que o goberno de Emilio Pérez Touriño fixo por Ferrolterra en só catro anos, como foi quen de substituír as políticas victimistas e de confrontación con outras administracións, das que tanto abusou o PP, por políticas modernas de colaboración institucional, de diálogo cos traballadores e cos empresarios, de investimento, destinando cada ano a esta comarca máis cartos do que nunca antes fixera ningún goberno, de compromiso coas infraestruturas (II Fase do Porto Exterior, Transcantábrica, Autovía Ferrol - Vilalba, Vilar do Colo…) de impulso do Plan Ferrol… en definitiva, políticas de aposta por Ferrolterra, que da man destes cinco compañeiros/as continuarán catro anos máis no Parlamento de Galicia, porque o cambio e a transformación deste país e desta comarca son xa imparables.
8 comentarios
Deixa unha resposta


EL 1 DE MARZO, FENE AMANECERA OTRA VEZ S0CIALISTA. GRACIAS COMPAÑEROS. SALUD.
Pues si que seguirán muy orgullosos los votantes socialistas tras las “enormes” gestiones realizadas respecto a la factoría de Perlío…en fin, lo de siempre. Y por cierto, tanto se aburre nuestro Sr. Alcalde en su municipio que se “apunta a un bombardeo” y se presenta allí donde haga falta para salir en la foto al lado del “presi”, como en las inauguraciones de diversos tramos de carreteras que no pasan ni por el municipio (Ortegal, Ferrol-Villalba,…) de aquí a nada lo veremos en la feria Xantar que tendrá lugar en Expourense !!Hay mamá¡¡
A Xantar, Amapola, prométoche que non irei; confío en poder perder este ano, como tódolos comezos de ano, algúns dos kilos que me sobran. Ao inicio das obras da Vía de Alta Capacidade do Ortegal, si que fun, porque é unha obra importantísima para Ferrolterra e, polo tanto, para Fene. Correxirá a aberración do PP de traer a Autovía Trascantábrica por Vilalba e nos conectará con todo o Norte da Coruña e de Lugo.
Tamén celebrei a inauguración, xunto cos demais alcaldes de Ferrolterra e co Presidente da Xunta, do penúltimo treito da Autovía Ferrol-As Pontes, porque é unha infraestrutura vital que nos conecta directamente con todo o Norte da Península e con Europa a través de Francia. O mesmo que a II Fase do Porto Exterior de Ferrol. Non che parecen apostas e novas oportunidades para Fene? A min si, por iso vou a eses actos e celebro que este goberno teña cumprido con Fene e Ferrolterra, sempre colaborando coa Xunta e co Goberno de España, que é o mellor xeito de lograr as nosas metas.
Sobre ASTANO, o primeiro que lles podemos agradecer aos presidentes de España e Galicia e que a día de hoxe estea aberto, non privatizado, tal e como se propuxo o PP cando gobernaba en España, empregando a máis de mil persoas e con carga de traballo segura ata 2014. Algo que, por exemplo, en épocas de crise coma esta está facendo que en Ferrolterra e Fene o seu impacto sexa moitísimo menor que noutras zonas do país. Non me parece pouco!
Hombre, que esas obras sean importantes para Fene no lo dudo, pero también lo sería el que el polígono tuviese mayor ocupación empresarial y todas esas cosas que sabrás, porque lo cierto es que el polígono de Rio do Pozo genera riqueza en Ferrolterra, pero no sé hasta que medida repercute en Fene; la población creo que no aumenta, sinó lo contrario, el paro dudo que baje,… En fin, me marcho a descansar que son horas. Buenas noches.
Ivan, tu a mi no me conoces, yo a ti personalmente nunca tuve el gusto; pero es mi deber, como ciudadano de Naron, dejarte este pequeño detallito aqui.
Soy el chico que colabora con Xan en el Carrusel Volta á ria; y solo decirte que eres uno de mis referentes a seguir. Me acabo de afiliar a XSG-Naron, y ojala pueda seguir tus pasos.
Sigue trabajando asi, da gusto, alcalde del Siglo XXI.
Recibe un gran abrazo de un admirador.
Oscar Martinez.
PD: si tienes la amabilidad de pasarte por mi blog, no sabes cuanto te lo agradeceria. Gracias de todas formas por leer. ;-)
y por cierto, que se me olvidaba; muchas Felicidades a Katy; Bea; Nacho; Jose Carlos y Ramon.
Boas a todas as persas que en este intre estades a leer este comentario. Estou mou orgulloso de ser de Fene, estou orgulloso de ser do BNG pero non estu orgulloso de que posiblemente este cometario non se amose no blog de IVAN PUENTEs. So vou a decir unha cousa. No frente dun edificio privado de fene se fixo unha pintada que non é correcta xa non polo seu contido senon que pola orixe do seu contido, so pido que se elimine esa pintada de ese edificio, espero que en breve se proceda a eleminala por parte do concello, xa que o declaro responsable por salir do mesmo unha presuncion de algo hacia un responsable do BNG unha aperta dun fenes, e a policia é asi, un dia escoitas o que che gusta e outro non.
Perder las elecciones en un país democrático es algo natural y que se debe aprender a asumir, perder después de abusos continuados del PSOE, al que representas, debe avergonzaros, incluso a personas como usted, que no tiene culpa ni responsabilidad, su partido el PSOE, es el partido que mayor desprecio ha ejercido sobre los derechos humanos, ha sido condenado en el año 2006 por el TEDH,–próximamente lo volverá a ser y además por la OIT– y esto es irrevatible, ha ingresado en prisiones a guardias Civiles por solicitar una asociación cultural y deportiva, doy fe de ello, ha ingresado a Guardias civiles, a miles, en psiquiátricos por mentar la palabra constitución y derechos constitucionales, ha aplicado un regimen disciplinario ilegal desde 1989 hasta el 2008 a más de 50000 guardias civiles privándolos de su derecho a la libertad etc; por no hablar de los grandes escándalos producidos bajo el Rey Sol, Felipe González, escándalos que muchos he vivido y que después de la documentación que me entregó roldán no me deja la menor duda de que el PSOE no es el partido de los trabajadores, es el partido que emula a Hitler es nacionalsocialista y te lo puedo demostrar con las operaciones como la columna efectuada contra la sociedad Española, –lo tiene el gobierno, se lo envié yo-perdísteis las elecciones justamente, no habéis ni escuchado ni oido a los que os solicitabamos que nos oyéirais aunque no nos diérais la razón, habéis sido unos gobernantes sobervios y prepotentes, y no os preocupásteis de hacer y buscar la justicia , especialmente para los trabajadores y de los trabajadores de la guardia civil, en el pecado va la penitencia y si no sois capaces de rectificar, creo que a mayores va la derrota, estar seguros de que tenemos la fuerza de la razón y no la razón de la fuerza y empezar a pensar en Bettino Craxi, sino corregís vuestras actitudes que demuestran vuestras altitudes, os auguro mayores sonrisas desde la tristeza en esta partida de ajedrez.