ivanpuentes.com

O timo da autoestrada

Parece o título dunha novela e a verdade é que a realidade ben daría para un gran best seller, non sei se asinado por Agatha Christie, por ser digna a historia dun bo expediente policial, ou por Stephen King, xa que de terrorífica ten tamén moito.

Un Consello de Ministros franquista decidiu no ano 1972 que Galicia tería autoestrada, pero pagando a cambio peaxes durante 50 anos, ata o 2023.  Á desgraza que supón para tódolos galegos ter que pagar, e pagar ademais tarifas abusivas (uns 160 millóns de euros ao ano) para circular pola principal e única vía de alta capacidade que vertebra o país, temos que sumarlle a vantaxosa, non para os cidadáns por suposto, operación de enxeñería financeira que Aznar, Álvarez Cascos, Núñez Feijoo e a troupe gobernante do PP deseñaron entre o 2000 e o 2003. 

A Autoestrada do Atlántico e a súa concesionaria (AUDASA) foron unha vítima máis da orxía privatizadora que o PP cultivou durante os seu anos de goberno, para "impulsar o crecemento económico e a creación de emprego"; dicían unha e outra vez. A operación-timo da AP9 fraguouse en tres etapas:

1. Véndesenos o favor de construír libre de peaxe o tramo Fene-Ferrol.

2. No ano 2000, alegando o elevado custe deste tramo e a suposta redución de ingresos por non poder cobrar peaxe, o Goberno prorroga 25 anos máis a concesión, ata o 2048, é dicir, 25 anos máis de peaxes; a pesar de que os números xa demostraban que incluso coa suposta carga do tramo Fene - Ferrol o investimento na autoestrada estaría perfectamente amortizado antes de 2023.

A xogada xa se empeza a ver, o obxectivo era privatizar; a pesar de que Cristóbal Montoro, Secretario de Estado de Economía, logo Ministro de Facenda e actualmente responsable de economía do PP, o nega rotundamente durante unha visita que fai a Vigo ese mesmo ano. Ademais de condenarnos a pagar 25 anos máis de peaxe sobre os 50 xa previstos inicialmente, simplemente porque a empresa fose máis atractiva para un posible comprador, aínda quedaba un última sorpresa, o prezo.

3. Efectivamente, no ano 2003 o goberno do PP vende a Empresa Nacional de Autoestradas (ENA) da que forma parte AUDASA, a Sacyr e outros socios por 1.586 millóns de euros, cando só o valor da AP9 xa se estimaba en case 3.000 millóns; ou sexa, regalada!

Estes días, os datos da venda das antigas autoestradas da ENA (entre elas a AP9) por parte de Sacyr á norteamericana Citi Group, deixan á luz o timo do PP e avalan os argumentos de quen daquela criticou a operación. Fixémonos simplemente nun deses indicadores, o que o PP vendeu a Sacyr por 1.500 millóns de euros, véndeo agora Sacyr, só cinco anos despois, por 7.500 millóns; cousa que non é de estrañar se temos en conta que, por exemplo, en só catro anos e só coas autoestradas galegas, Sacyr ingresou practicamente o que lle custou comprar as autoestradas de España.

En resumo, vendemos a autoestrada pola metade do que valía, ao privatizala perdemos o control público sobre a vía de comunicación máis importante do noso país e temos por diante 40 anos máis de peaxes, establecidos libremente por unha empresa que agora xa non é nin española. En fin, que fixemos un pan con dúas ostias!

10 comentarios

  1. XSG Fene | 8 de Decembro de 2008 - 11:38 pm

    http://www.xsg-fene.blogspot.com/

    Novo blog das XSG de Fene!!!
    Esperamos que poidas achegarte a él e coementarnos o teu paracer,así como tan veces queiras visitalo,serás benvido ;)!!

  2. Antonio | 9 de Decembro de 2008 - 10:58 am

    ¿Por qué se celebró el acto de la Contitución el viernes, cuando siempre fué el sábado?

  3. Iván | 9 de Decembro de 2008 - 11:57 am

    Porque o día 6 era un sábado no medio dunha ponte e crimos que facéndoo a véspera pola tarde, como se fai na meirande parte de concellos e institucións, salvo o Congreso dos Deputados, facilitaríamos a asistencia de veciños e veciñas.

  4. Miguel Edreira | 15 de Decembro de 2008 - 12:29 pm

    O peor da AP-9 (Autopistas del Atlántico- Audasa) é os eu nefasto mantemento. A miña muller ten unha vértebra facturada como consecuencia do accidente múltiple en Ordes do día 2-12-08.

    A nosa historia aqui:

    http://www.autopistasdelatlantico.com

  5. Miguel Edreira | 15 de Decembro de 2008 - 12:31 pm

    Luisa, a miña Muller é TRABALLADORA SOCIAL no Centro de Saude de Fene e estará de baixa máis de 3 meses por culpa de AUDASA, por non manter segura a AP-9.

    A nosa historia aqui:

    http://www.autopistasdelatlantico.com

  6. rasante | 17 de Decembro de 2008 - 1:22 am

    A mi me gustaría saber a que velocidad iba por la autopista cuando choco?

  7. A.Souto | 23 de Decembro de 2008 - 1:17 pm

    Sr. Alcalde-Presidente del Ayuntamiento de Fene hago saber que existe un socavón de unos 30×30x10cm. aproximadamente en la carretera Ameneiral donde está Carburos Metálicos justo antes de llegar al cruce de Aguilar, en donde en el día de ayer noche, mi vehículo casi se queda sin rueda, y por la cantidad de tapacubos que había tirados en esa zona concreta al que también fue parar el mío debido al impacto con el socavón, convendría que se arreglase lo antes posible y evitar males mayores. Un saludo y Bo Nadal.

  8. Henrique | 16 de Febreiro de 2009 - 11:58 am

    Está moi ben canto dis, pero o goberno central do PSOE puido parar a venta a un banco americano intervido polo goberno dalí por insolvente e ZP e compañía preferiron mirar para outro lado e asubiar. Pasei máis de tres horas en Ordes atrapado o día do macroaccidente e foi de coña porque a costra de xeo era de impresión, o goberno que é titular da vía non fai ren por tela a punto, hai tramos con musgo e verdín na calzada!
    E cando alguén propón poñer unha vía estratéxica para Galiza da man do poder galego e controlar desde aquí a arteria principal deste país o PSOE sae descalificando a proposta que fai Quintana en nome do BNG sen propoñer alternativa algunha (claro que é mellor o PP, que co historial que contas agora fala de recuperar a AP9!). O único que fixo o PSOE para amañar o das autoestradas foi permitir que un banco que se distinguiu polo seu afán especulativo e que está intervido por iso se faga coas autoestradas galegas. Ai, si, e un anuncio electoralista que ninguén cre sobre a ampliación da AP9 nos accesos ás cidades, onde, como sempre, o PSOE esquece Ferrol

  9. UN DE SILLOBRE | 22 de Febreiro de 2009 - 3:40 pm

    1 QUERO MOSTRAR A MIÑA REPULSA POLO GASTO DE 500.000 € (MÁIS DE 83 MILLÓNS DE PTAS.) DOS FONDOS ANTICRISIS EN AXARDINAR A PARTE BAIXA DO VIADUCTO DE VILANOVA(SILLOBRE) DO QUE TEN CONCESIÓN AUDASA, EN VEZ DE INVERTILOS EN MELLORAR AS GRAVES DEFICENCIAS EN SERVICIOS BÁSICOS(REDE DE AUGA, ALCANTARILLADO, ALUMEADO, ASFALTADO DE CAMIÑOS…)

  10. cidadan | 29 de Marzo de 2009 - 1:54 am

    Paréceme ben o que comentas de Audasa pero gostaríame moito tamén que comentaras o recente caso de Endesa e as plusvalías que obtivo o señor Entrecanales

Deixa unha resposta