ivanpuentes.com

A crise ninja

É imposible explicar mellor do que o fai o profesor Leopoldo Abadía o que son as hipotecas lixo e como teñen provocado a actual crise mundial. Gracias, Diego ;-)

8 comentarios

  1. Fani | 7 de Novembro de 2008 - 3:57 pm

    Desde luego, necesitamos más gente así, que nos explique las cosas con claridad.

  2. Berto | 8 de Novembro de 2008 - 2:59 pm

    se dice crisis ninnnggjaa

  3. Berto | 8 de Novembro de 2008 - 2:59 pm

    ZASCAAAAA !!!

  4. sanquera | 14 de Novembro de 2008 - 10:57 pm

    ¿Tera que vir leopoldo a esplicar o aforro do parque de seguruidade vial?. Porque según Arnoso se pasa de 450 €/ano a 250 € mes, ¿e certo isto sr. alcalde?

  5. Sandra | 14 de Novembro de 2008 - 11:03 pm

    Què bien!!!!!!Lo entendì!¿Porque en los telediarios o en “las pàginas naranjas” me pierdo con tèrminos,conceptos,estadìsticas,previsiones…?”Graciñas”,mis madrugones no me permiten ver ese programa,es muy claro:Tengo unos ahorros en un banco,es decir,”porquerìa”…

  6. Iván | 16 de Novembro de 2008 - 1:48 am

    Sanquera, pois non é certo. A Xosé María Rivera Arnoso fállalle a memoria, porque segundo consta na contabilidade municipal o Concello pagaba a ADIF máis de 196 euros ao mes.

    O que pasa é que agora o contrato de arrendamento asinado entre o Concello de Fene e ADIF finalizou hai un ano. ADIF pretendía elevalo a 800 € ao mes durante os próximos 10 anos e, logo de case un ano de xestións, logramos pechar con este empresa pública un acordo para pagar 200 € ao mes durante 25 anos; é dicir, unha reducción considerable sobre os prezos públicos e directos aplicados por ADIF.

    Polo tanto, Rivera Arnoso non di a verdade, non sei se por malidicencia ou por estar agfastado dende hai anos da primeira liña de goberno.

  7. sanquera | 16 de Novembro de 2008 - 3:58 pm

    http://www.diariodeferrol.com/domingo/comarcas/comarca01.html
    “La revisión del acuerdo suscrito en su día por el Concello de Fene con ADIF para la explotación como parque de seguridad vial de la antigua estación de Barallobre ha favorecido los intereses de la administración local. Así, desde el Concello se informa de que la cuantía del alquiler ha pasado de 800 a 250 euros mensuales.”

    http://www.diariodeferrol.com/viernes/comarcas/comarca02.html
    El ex alcalde de Fene interpreta que “o presunto aforro se calcula en base ás peticións -a todas luces desmesuradas- do ADIF en lugar de comparalo coa cuota anterior”

    Polo que se deduce das duas noticias no diario de Ferrol e a tua explicación anterior ninguen di toda a verdade pois ti mesmo recoñeces que o aforro é sobre as pretensions do adif e é incluso e maior do qu di o diario (200€/mes e non 250)

  8. Iván | 28 de Novembro de 2008 - 4:01 pm

    Eu digo toda a verdade, sanquera. O prezo sube con respecto ao anterior? Si, a temerosa cantidade de 44 € ao mes; algo incluso lóxico se temos en conta o que se ten incrementado o valor do solo desde hai máis dunha década.

    Sobre o cálculo do aforro. Imos ver, unha vez que o vello contrato finaliza temos dúas opcións, formalizar outro ou desmontar o parque de educación viaria e marchar de alí, opción esta última que non parece moi probable. Postos a formalizar un novo contrato, ADIF non fixa un prezo de 800 € polo novo aluguer porque fose o que máis lle gustou ao presidente ese día pola mañá, é un prezo que se corresponde coas tarifas públicas de aluguer, aplicadas a Fene e a calquera concello de España con terreos similares.

    Desbloquear isto e baixar o prezo ata os pouco máis de 200 € mensuais, ademais de prolongar o novo contrato ata os 25 anos para deixar o asunto zanxado durante moito tempo, levou case un ano de xestións, recompilación de información e xustificación do investimento que o concello fixo na zona. Polo tanto, creo que o xusto é calcular ese aforro, porque se o Concello non fixese nada ou se ADIF decidise recorrer aos tribunais para defender a súa postura, pagaríamos 800 euros cada mes si ou si.

    En todo caso, cada quen pode ver o que queira, o incremento de 44 euros ao mes ou o aforro de 600, pero o que non se pode facer, que foi o que eu critiquei, é dar datos falsos. Saúdos ;-)

Deixa unha resposta