ivanpuentes.com

Blog Action Day: que trema a rede!

Xa estamos aquí, na xuntanza de bloggers socialistas, véndonos as caras moitos dos que habitualmente nos "vemos" a través da rede e celebrando en comunidade o blog action day, destinado a falar da pobreza no mundo. Mar, a nosa tremenda Secretaria de Organización, invitounos ao inicio desta xornada a que hoxe "tremera a rede" coas nosas opinións sobre este tema, que dende a nosa ideoloxía socialista e solidaria, que é o mesmo, reflexionásemos sobre un dato, os 800 millóns de persoas que a día de hoxe pasan fame no mundo.

Cando un pensa en erradicar esta lacra ou cando ve con orgullo ao presidente Zapatero falar na ONU da necesidade de ver este problema como un dos principais problemas do mundo actual, aínda que non o padezamos de modo xeral en occidente, ou mesmo cando o vemos liderar un quinteto mundial contra a fame, tendemos a pensar que se trata dun esforzo titánico ou dunha utopía imposible de conquerir. Sen embargo, só precisamos dun dato para ver que non é así: erradicar a fame no planeta custaría moito menos dos 700.000 millóns de dólares que os EE.UU. van destinar a intervir e a salvar a algunha das empresas máis afectadas pola crise; custaría uns 20.000 millóns, que é o 1% do que EE.UU. e a U.E. destinarán a salvar aos seus bancos. Poñer fin á desnutrición infantil no mundo, custaría a metade do que nos custou facer a T4 de Madrid-Barajas.

É paradóxico contrastar, non obstante, a celeridade e alegría coas que os parlamentarios norteamericanos, ou estes días os gobernos da U.E., aproban partidas económicas tan vastas coa tediosa lentitude de décadas falando da fame no mundo e da necesidade, nunca sentida como tal polos que vivimos na parte rica do mundo, de eliminala. A responsabilidade non só é dos gobernantes, é tanto ou máis dos cidadáns e cidadás, que aplaudimos decisións económicas como as apuntadas para asegurar os nosos aforros, pagadas cos nosos impostos, pero logo estamos moi pouco ou nada dispostos a dar, por exemplo, 100 euros ao ano para proxectos de desenvolvemento no terceiro mundo.

Neste blog action day soñarei cun mundo máis utópico, menos individualista e máis solidario. Hai problemas imposibles de resolver, pero a fame, se queremos, podemos eliminala; non basta con solicitarlle aos gobernos que o fagan, a solución pasa primeiro por implicarnos individualmente cada un de nós. Nelson Mandela dixo que esta xeración era a primeira que tiña os recursos necesarios para rematar coa pobreza no mundo, só lle falta a vontade. Fagámolo!

15 comentarios

  1. lage | 16 de Outubro de 2008 - 10:56 am

    Que demagogo eres empezando por la foto que bonito es hablar de erradicar el hambre en el mundo sobre todo si se cobran 41.874 euros anuales, la cantidad de hambre que se podria erradicar con la mitad de ese sueldo y uno aun seguiria viviendo mas que bien con lo que le queda.

  2. Iván | 16 de Outubro de 2008 - 3:02 pm

    Amigo Lage, non pretendo amolarte demasiado, pero hai que ter narices para calificar de demagogo o meu post e non o teu comentario; en fin… A foto non é demagóxica, desgraciadamente é unha cruel realidade, e non das peores, as cifras tampouco e os meus desexos moito menos, outra cousa é que cando nos presentan a realidade directamente nos avergoñemos do noso comportamento e non a queramos ver, enténdoo, pero non dispares contra min, home!

    Por certo, non creo que o meu salario sexa dos que arruínan a un país o a un pobo. Se non fora porque creo que a solidariedade de cada quen non hai porque publicitala, nin me apetece facelo, un día compararíamos cantos deses cartos destino a causas que estimo xustas e cantos destinas ti dos teus; ese día definiríamos a palabra demagoxia.

  3. suso | 16 de Outubro de 2008 - 5:00 pm

    Hola

    Son Suso de XSG Lugo e estreno blog polo cal ando a facer unha campaña de publicidade masiva, jeje, desta forma agardo a túa visita con comentario incluido.

    www.blog-suso.blogspot.com

    Un saúdo.

  4. SAK | 17 de Outubro de 2008 - 3:45 pm

    Aqui o unico demagogo eres ti lage , se ve que eres un neno pijo de papa de dereitas, eu teño 56 anos e séi o que é pasar fame cando o voso amigo Franco utilizaba a fame como tactica para ter o pobo controlado como bo fascista, asi que vai cas mentiras e demagoxias para outro lado porque nin cobra esas cantidades desorbitadas nin fai demagoxia, seguide crispando e difamando que seguiredes na oposicíon moito tempo.

  5. Un mais | 27 de Outubro de 2008 - 9:45 am

    !! Xa vexo a “Democracia”¡¡ Que tes neste post, o que non e da nosa corda ou non comben borrase e listo.
    Gracias Ivan

  6. Belen | 29 de Outubro de 2008 - 2:00 pm

    Pues claro solo buscais crispar, aqui solo habla gente normal, que dan opiniones constructivas y no destructivas eses sobran.

  7. pepito | 30 de Outubro de 2008 - 2:43 pm

    “Pues claro solo buscais crispar, aqui solo habla gente normal”

    ¿Que entenderán por gente normal?¿Borregos?…

    Gente así,la España de fernando alonso y gran hermano…

  8. Un mais | 30 de Outubro de 2008 - 9:01 pm

    !!aqui solo habla gente normal¡¡

    E a min dame que esa frase xa escoitei en boca dun da dereita.

    Segun dis Belen a xente “normal” ten que dicir amen e punto.

  9. Benchosei | 31 de Outubro de 2008 - 9:36 am

    Eu non quero crispar, ¡deus me libre! Quero disentir, non sei se o disentir é de xente normal. Todos estamos contra o desigual reparto da riqueza, contra da inxustiza en xeral, pero cando nos toca a nós entón a cousa cambia. ¡A inxustiza en Galiza! eso non, porque ao mellor empezamos a buscar os responsables, a inxustiza en Fene…..De todos xeitos entendo que borres os post que non che gusten, o blog e teu, ti es o administrador, a pesar de que eu creo que é un erro non admitir a crítica

  10. AlonsoF1 | 31 de Outubro de 2008 - 1:58 pm

    Que pasa con Fernando Alonso pepito de los palotes tu dedicate a jugar a la Chave ese “deporte” para fracasados.

  11. Belen E. | 31 de Outubro de 2008 - 2:03 pm

    Vosotros no criticais ladrais, ojalá fueran criticas las que hace la derecha en España, estais muy mal acostumbrados durante 40 años no tuvisteis oposición y claro ahora no sabeis como hacerla.

  12. sak | 31 de Outubro de 2008 - 2:33 pm

    Este es un blog para el dialogo y gente normal totalmente de acuerdo con Belen E. y no para la crispacion continua y el negativismo la gente normal que somos socialistas dialogamos y nos gusta gener opiniones y criticas constructivas a lo mejor lo que algunos echan de menos es el no tener oposicion porque la censura solo es propia de la derecha.

  13. Un mais | 31 de Outubro de 2008 - 7:47 pm

    !!Nunca mais¡¡
    Que vos vaia ben

  14. labrego | 31 de Outubro de 2008 - 8:23 pm

    un montón de barbilampiños,que nunca conocieron la dictadura,repiten esloganes como loros…

    derecha-izquierda…

    y

  15. Benchosei | 2 de Novembro de 2008 - 8:47 pm

    Totalmente de acordo con labrego. Belén, filliña ti andas un pouco despistada, está ben que defendas a Iván pero para eso non fai falta perder o talante e dicir que ladramos (tal vez penses que “ladran el rencor por las esquinas “, Aznar dixit)ademais non todos os que criticamos a Iván somos de dereitas ¿a que non? ¿Porque será que o poder acepta as críticas de mala gana?. Non sei se estarei ladrando pero non é a miña intención

Deixa unha resposta