A sinatura do meu pai

Un día unha xornalista chamoume exhibicionista por falar neste blog da miña nai e dos meus sentimentos, eu contestei daquela que non se trataba máis que de ser natural nun espazo tan persoal coma este. Co mesmo ánimo, vou falar do meu pai, porque hoxe, por unha tontería inesperada, fun quen de sentilo máis preto e máis real que nunca. Aniceto, o meu pai, morreu cando eu tiña dous anos e, a pesar das moitas fotografías e lembranzas que demostran que me tivo no colo, que me bicou, que me levou de viaxe, que tamén me reñiu, que fomos ao circo xuntos e perdemos unha chaqueta… a pesar de todo iso, eu non o lembro. Acostumbreime a vivir coa miña nai, co meu irma-pai e con Clara, Manolo e Teresa, a miña segunda familia; a súa ausencia foi sempre o normal, polo que, salvo cando o pensaba moito, nunca foi unha peza que faltase no puzle da miña familia.
Con catro anos, cando empecei a ir a párvulos a Finita, a veciña que nos daba clase na súa casa da rúa Tellerías, descubrín que me chamaba José Iván. Na casa quixéranme chamar só Iván, pero cando chegou a hora de mollarme a cabeza na igrexa, o cura non aceptou por bo un nome tan soviético e impuxo, en contra da vontade do meu pai, que marchou cun mosqueo considerable, o bíblico nome de José. Por mil razóns, hai unhas semanas decidín facer xustiza coa súa vontade e comigo mesmo e solicitei no rexistro civil o cambio de nome, para chamarme simplemente Iván. Hoxe fun recoller a documentación.
Cando abriron o libro do rexistro civil para anotar a modificación, quixen ler a páxina na que figura a miña inscrición. Inmediatamente, os meus miolos se desprazaron ata aquel día de abril de 1980 no que o meu pai, no mesmo mostrador e tocando as mesmas páxinas que eu estaba tocando agora, me inscribiu, supoño que case tan emocionado como eu estaba agora. Pasei a folla e alí apareceu a súa sinatura, unha sinatura que nunca vira na miña vida; cos dedos repasei a tinta do bolígrafo coa que rubricou esa páxina hai máis de 28 anos e sentín ganas de chorar. Por primeira vez na miña vida tiven a sensación de atoparme preto del fisicamente, como se acabase de pasar por alí e eu puidese sentir aínda a súa pegada. En fin, unha tontería!
18 comentarios
Deixa unha resposta


Simplemente, conmovedor. Sigue escribiendo así!
emocionachesme.
un saudo
SR. ALCALDE, SU PADRE FUE Y SERA SIEMPRE PARA SUS COMPAÑEROS UN BUEN SOCIALISTA, LO DEMOSTRO EN LA PRIMERA LEGISTARURA, FORMANDO PARTE DE SUS LISTAS, ERAN TIEMPOS DIFICILES… PERO EL COMPAÑERO ANICETO SIEMPRE PRESENTE CON SU HONESTIDAD Y SU HONRADEZ, SR.ALCALDE, NO ME EXTRAÑA QUE SUS LAGRIMAS VIENIERON A SUS OJOS. SU PADRE SI HOY VIVIERA SERIA EL PADRE MAS ORGULLOSO DEL MUNDO, POR TENER A SU HIJO SIENDO EL ALCALDE SOCIALISTA MAS JOVEN DE GALICIA. UN SALUDO, ULMEIRO.
simplemente dicirche que me emocionou moito ler a túa reflexión…..Noutro contexto, pero..acordoume tanto do meu pai e de todo o bo que me ensinou,de tantos bos momentos vividos ó seu carón, do seu agarimo, da súa comprensión e apoio..Grazas pai, ainda que hoxe xa non estés con nós, por ser como fuches, e grazas tamén a ti, Iván por facerme emocionar unha vez máis co seu recordo.
Iván: una vez más me has emocionado
si esa periodista cree que esto es exhibicionismo, debería intentar potenciar un poco más su “lado humano”
estoy de acuerdo con Ulmeiro: todos los que hemos conocido a tu padre sabemos que estaría muy orgulloso. nunca pierdas tus raices
… que…
… que bonito Iván.
Ir de peliculero tocando la fibra sensible de la gente para ganar votos, que eras publicista no…, a todos por desgracia se nos han muerto seres queridos pero no hacemos una epopeya de eso forma parte de la vida y punto, como aquel otro episodio en que sacabas a tu madre en el hospital y lo convertias en una alegoria, en fin, hay cosas que nunca entenderé.
Sempre me gosta o teu blog. Pero hoxe emocionacheme.
Saudos socialistas dende Ferrol
O que acontece é que hai xente que ve isto como o blog dun político que mestura a política coa vida persoal, como se as persoas precisásemos sufrir unha sorte de mitose para movernos nun ou noutro plano da vida. Non. Somos “unha” persoa. Como os diamantes, temos múltiples planos de visión. Tampouco tódolos que comentan nel (e nesta mesma entrada hai casos) saben falar co Iván fillo, o Iván veciño ou o Iván político cando corresponde. Resístete á case inevitable estupidez do poder.
Perdón, agora non tocaba.
Iván, só podo dicir que es fantástico. Sigue así!!.
E por certo, este blog é teu e escribes nel o que che pete -intento ser fino con esta expresión-.
Saúdos
Yo ya sabía que los hombres también llora, y además lloran con más frecuencia de lo que la generalidad de las personas piensa. En tu caso esa ternura de tu dedo recorriendo los rasgos dela firma de tu padre me ha emocionado hasta casi el infinito ( si esto pudiese ser). Claro que Aniceto se habrá emocionado también al contemplarte donde quiera que esté. Yo le conocí y como compañero le aprecié de forma decididamente sincera.
Un beso
Pues vaya “tontería”, cabrón. Tu post es precioso.
Acabo de comprobar,de nuevo,que nos emocionamos muchos al leer tu “pequeño relato”.Creo que este es tu espacio , que debes de escribir sobre los temas que quieras.Me voy a atrever a decir que los que te conocen sòlo un poco,comprueban que un 90%de tu vida es la polìtica,trabajando mucho por la mejora de Fene y con un montòn de proyectos que llevaràs a cabo.Tu familia,y tambien tu padre, estan muy orgulloso de ti…Pero estoy segura de que ellos y otros…desean que “reserves “ese 10% para tu vida personal.
No sè que me engancha màs si tu capacidad de trabajo o tu capacidad de emocionar…Me quedo con lo segundo, quizàs, porque soy sentimental.Un abrazo y buena semana.
Unha aperta.
Jolines…q bonito Ivan!!bonito es poco,de verdad =)
y nada de exhibicionismo,no hagas caso.
el problema es que mucha gente q no sabe ya ni como poner pegas a algo q no las puede tener,pues dice chorradas y hasta se pasa al punto de dejarse olvidada su parte humana si es que la tiene.
1besiño Ivan ;)
Esto me recuerda a todos esos famosos que cada vez que hacen altruismo siempre hay una camara delante, para que vean lo generosos que son con los menos afortunados.
Pero cada vez por desgracia hay mas gente que no cree en la existencia de los buenos en el silencio porque es sinonimo de inhumano, yo espero que mi mano izquierda nunca sepa lo que hace mi mano derecha, porque entonces si me habré olvidado mi parte humana…si es que la tengo claro.
Iván estas historias son as que realmente vale a pena ler…sigue así
Un bico moi grande
Que bonito Iván!!!
A verdade é que escribes moi ben e consigues emocionar.
Un biquiño