ivanpuentes.com

Gústame esta muller

Coñezo a Mar Barcón dende hai anos, de mil e unha historias do partido, pero nunca ata agora tivera a ocasión de compartir traballo con ela; o 11 Congreso Nacional do PSdeG-PSOE decidiu que así fose. Dende entón non paro, de verdade, de alucinar coa ilusión e a capacidade que lle pon ao seu traballo e, algo que é moi importante, co contaxio que xera en todos os que a rodean para implicarse a tope, coas máximas ganas, no enorme, tanto en tamaño como en calidade, proxecto do PSdeG-PSOE.

Hoxe tiña que dicir isto, porque, ademais doutros mil detalles positivos, a xuntanza que tivo esta semana coa direción nacional das Xuventudes Socialistas foi simplemente xenial. O respecto, o apoio constante, o traballo conxunto… estou seguro de que serán as claves nas que traballarán tanto o Partido como as Xuventudes para facer do socialismo a forza de Galicia, como dicía o lema do congreso.

Levamos aínda pouco tempo traballando, pero estou seguro de que esta nova Executiva Nacional con Emilio Pérez Touriño, Ricardo Varela, Mar Barcón, Antón Louro, Pachi Vázquez, José Manuel Lage, Loli Rodríguez, Modesto Pose, Yoya Neira… e tantos outros será quen de facer realidade o mellor traballo e o mellor proxecto colectivo que puxéramos nunca en marcha os socialistas de Galicia. Simplemente, se palpa de xeito descarado no ambiente; verédelo!

4 comentarios

  1. adriana | 21 de Setembro de 2008 - 7:38 pm

    Unha pena non poder ir… A min tamén me gusta Mar Barcón.
    Un bico!

  2. Xi Liu | 1 de Outubro de 2008 - 9:46 pm

    ei a vosa nova Rosa Díez.

  3. Xi Liu | 8 de Outubro de 2008 - 10:51 pm

    …teño que rectificar (disque é de sabios)… o alzheimer fíxome trabucala con Carmen Marón… meu deus! ;-)

  4. oquequieras | 11 de Outubro de 2008 - 11:16 pm

    pois a min dame máis medo que o chanceler Bismarck

Deixa unha resposta