A Forza de Galicia

A noite do sábado, dicíame Javi Castiñeiras que entre o Pazo de Congresos e o Hotel Puerta del Camino, onde estabamos reunidos os delegados/as, ía quedar un carreiro marcado no chan dos continuos ir e vir de xente falando, facendo quinielas, matando os nervios… O certo é que esta fin de semana culminamos en Santiago meses e meses de traballo preparando o 11 Congreso Nacional do PSdeG-PSOE, no que ademais de ter o privilexio de ser un dos redactores do documento político aprobado, tiven a honra de exercer como voceiro dos 27 delegados/as de Ferrolterra e, finalmente, de poder representar a esta comarca na nova Executiva Nacional.
Seguindo o exemplo de Mar, hoxe vou falar como Iván, o rapaz que con 18 anos decidiu, logo de moito meditalo, afiliarse ao PSdeG-PSOE en Fene e ao que logo Xaime e Lage atraeron cara ás XSG, a mellor decisión da miña vida. Ademais de estar moi contento por poder contribuír desde Fene co meu humilde grao de area ao novo proxecto que iniciamos os socialistas de Galicia, da man de Emilio Pérez Touriño, Ricardo Varela, Mar Barcón e todos/as vos, estou moi feliz por compartir responsabiildades na executiva con algúns dos meus mellores amigos e compañeiros de partido, como Loli ou Lage (a foto evidencia as horas en vela que pasamos a noite do sábado; canto falamos!) aos que nunca poderei agradecer todo o apoio, formación, axuda, cariño… con Bea e Vicente, xuntos lograremos que Ferrolterra estea sempre presente; con xente tan capaz como Emilio, Ricardo ou Mar, dos que espero aprender cada día unha cousa nova; con Antón e Modesto, sempre botando a man dende o outro lado da fronteira, con Yoya, Pachi, Xocas… e, de novo, traballando ao lado de Blas, xunto con Eva e Diego, aos que, por fin, xa non terei que botar tanto de menos cada día; é imposible ser mellores persoas.
A todos e todas cos que tiven a sorte de compartir traballo, alegrías, penas e aventuras políticas, dende que aquel mes de marzo do 98 decidín chamar á porta da Casa do Pobo de Fene, só vos podo dicir, aínda que soe tópico, unha cousa: grazas!
11 comentarios
Deixa unha resposta


Parabens Iván. A verdade que ía sendo hora de que á dirección do Partido chegara xente de verdade nova e que non está maleada.
Así que unha aperta e adiante, temos moito traballo que facer.
Noraboa Ivan,merecíalo, o teu traballo e loita serán un puntal nesa executiva. Apertas
Iván: Cuenta conmigo para lo que quieras… pero sólo para el área de “Lecer”, que en esto del “Deporte” soy fan del “mens sana in corpore serrano”.
Parabéns polo gran traballo que fixestes para que saíra tan ben este 11 Congreso Nacional do PSdeG. Alégrome moito pola elección de Iván para e Executiva Nacional Galega. Os meus parabéns compañeiro.
Yo, te prometo, no olvidaré nunca las risas en el sofá del Puerta del Camino.
Como no olvidaré los momentos, los congresos que viví contigo en las XSG.
Iván, nuestro S.org, nuestro compañero, nuestro alcalde…eres parte de una organización que, tremendamente orgullosa, se siente parte de tí.
Biquiños y enhorabuena. No sólo a tí, sino a todos los socialistas que tenemos que felicitarnos por tu incorporación, por la de Loli y por la de Lage.
abrazos O.N
JEJEJEEJ
Iván … levo dende onte pensando en contar como vivín este Congreso Nacional que acabamos de vivir … e levo pensando en expresar as sensacións, os sentimentos, os pensamentos máis profundos … aínda me costa …
Creo que será dificíl que esquezamos as horas que pasamos xuntos … creo que farás un bo traballo na dirección do partido ó igual que xa o estas a facer en Fene …
Eres un motivo de satisfacción e de orgullo para todas e todos os que compartimos un proxecto colectivo no socialismo galego …
Temos que seguir traballando para cambiar o mundo comezando por …. como diría loli (ela o diría mellor ca nós) … para que o proxecto das XSG que comezou no 1996 non se deteña e continue sendo unha obra colectiva … para que a organización xuvenil siga formando os mellores cuadros do socialismo galego … e para que o PSdeG sexa a forza política de máis galegos e galegas … para facer de Galicia unha referencia de progreso e benestar para as persoas.
Amigo Iván, estou moi orgulloso de ti. Grazas a ti!
Súmome ao comentario de Lage. Porque o proxecto de XSG continue no PSdG. Para seguir modernizando e construíndo un Partido Socialista aínda mello, e unha Galicia que mire cara o futuro con esperanza. Está, tamén, nas vosas mans.
Querido Iván, decía Víctor Hugo que “cuando un niño destroza un juguete, probablemente sea porque le está buscando el alma”. Sigue rompiendo juguetes, para llegar al alma socialista de toda la gente. Uno más, más viejo, que se alegra de tus éxitos.
“““““““““““““““““““““““`
““““““““_XEEKEEEEA““““““““““`
““““““`IKKEEKKEEEEEEEEEXA““““““““
““““““KKEEEKE`cEEEEEEEEEEKKA““““““`
“““““cEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEKKE“““““`
““““`XXEKEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEX“““““
““““`EKKKKEE“““““`iEKEKEEEEEE““““`
““““`KEKE“““““““““KEEEEEEX““““
““““`KXE““““““““““KEEEEEE_“““`
“““““K`K“““““`EEKKFFK“EEEEEE““““
““““`cEEX`I`YEEKF“`EEAEiEEEEEEEKET““““
““““`EEKE“K`_“““““““XXEYEKX““““
“““_FEEKE““““““““““EEEIEXEEA_““`
“““`XKKEE“““““““““`_EEEEXEEEK“““
“““iEKKKEE““““`A““““KEEEKcEEEE“““
“““`XEEEEE“““““`E“““KXEEEEKKKE“““
“““`KEKEEEF“““““`EEKITcKEEEEEEEEK_““`
“““`KEEEEEE““`I““““EKKEEEEEEEEEE“““
““““`EEEEEc“““EEEKKEAKEEEEEEEEKEK“““`
“““E“KEEEEKE““““““EEEEEEEEEKKY“““`
“““`iKEEKEKEKE““““`AEEEEEEKEKKKEE“““`
“““`KEKKEEEEE_KEEEXEEEKXEEEEEEKEEE“E“““`
“““““KKKEEEEEEEEEEEEEEEEXAEKEKET“““““
““““““XEEEEEEEEEEEEEEEEYEEEKEE“““““`
““““““KEKEKEKKEEKXKKIK_“KEEEE“““““`
“““““““`X“““““`I““`_AiEX““““`
“““““““““““
Enhorabuena, Ivan. Me alegro. Que te vaya bien en la CENG del PSdeG-PSOE, que sin lugar a dudas sale ganado teniendo entre sus principales dirigentes a un perfil como el tuyo. Un abrazo y seguimos en contacto.
[…] historias do partido, pero nunca ata agora tivera a ocasión de compartir traballo con ela; o 11 Congreso Nacional do PSdeG-PSOE decidiu que así fose. Dende entón non paro, de verdade, de alucinar coa ilusión e a capacidade que lle pon […]