Ata sempre, compañeiro Vigo!

Hoxe pola tarde moitos veciños/as de Fene e do resto de Ferrolterra despedimos a Enrique Vigo, compañeiro do PSOE, pero sobre todo unha extraordinaria persoa que comprometeu os seus 96 anos de vida á loita constante pola liberdade e a democracia no noso país, a costa a meirande parte das veces da súa propia liberdade.
Vigo foi dos poucos militares que se mantiveron fieis á República en Ferrol tralo golpe de estado franquista en xullo de 1936; o principio dunha longa loita. En fin, unha persoa, un veciño, ó que lle temos moito que agradecer e unha traxectoria vital e política que nunca deberá ser esquecida.
1 comentario
Deixa unha resposta


……..teño oido de moi pequeno que as persoas non morren mentras permanezan no recordo da xente ,nas nosas mentes, nas nosas conversas,no noso día a día é, que solo pode facer morrer o olvido………Non será o teu caso “Enrique”……