600 sinaturas por hora

Este sábado pola tarde celebraremos en Fene a clausura das escolas de natación cunha festa acuática na Piscina de Centieiras. Hoxe tocoume asinar os 600 diplomas que prepararon os traballadores/as de Cultura e Deportes para entregarlle ós participantes; algún que pasou pola Alcaldía non foi quen de resistirse á tentación de retratarme co “tocho” de títulos diante.
9 comentarios
Deixa unha resposta


Vou a facer unha proposta; que nos vindeiros orzamentos municipais incluas unha partida para mercar un novo sillón, porque ese vese un pouco gastado.
Unha aperta.
Nada nada, ese sillón le da solera :P jaja
Saludiños
Cala, cala… haber si che levamos máis hoxe ao longo da mañá….
… home, algo de traballo tiñas que ter, ¿non si? Non todo o van facer as/os funcionarias/os.
A verdade que con esto de ter “fotógrafo oficial”, podes acabar saíndo no Tomate (quen te vería!!).
Unha aperta, Iván.
Ja, ja, ja…! O do sillón é o comentario máis común entre tódolos políticos, funcionarios, veciños, xornalistas… que pasan pola Alcaldía; incluso entre aqueles que viron algunha foto ou algunha imaxe na tele na que saio sentado nel.
O asento xa cumpriu, 28 anos con Rivera Arnoso e uns cantos máis cos anteriores Alcaldes franquistas. Pero tranquilos! Por presión popular e salubridade do que se senta nel a diario, un novo silón xa está en camiño.
Saúdos ;-)
alaaaa mira onde van os fondos públicos..nun sillón careiro!!!! para o gusto do noso Señor Alcalde
fene=marbella jaja
A ver se polo menos o novo sillón trae novas propostas ;)
Completamente vergonzoso, cuando un trabajador pierde su “trabajo” va al paro. VIVA EL IZQUIERDOMETRO!!! y si eres empresario (PATRONAL-DERECHITAS) y no tienes trabajo te marchas para la casita.
http://mirasfole.blogspot.com/2007/06/indignado-hasta-ms-no-poder.html
trasguaje, non sexas troll e deixa de inundar o blogomillo coa túa rabieta con Nacho, que cada un opina o que lle peta.
El problema de algunos, como sapons, es que no dejan opinar o quizá es que no saben leer… o no entienden el lenguaje sarcástico o la “retranca”. El comentario de trasguaje es para destacar el artículo de Nacho, que tiene toda la razón, predicamos ser de “izquierdas-galeguistas” y no defendemos que cuando un político no “sale” que vaya para su anterior trabajo o para el paro si no está en edad de jubilación… eso es lo que le pasa al resto de los mortales.