A tope co traballo electoral

Teño que pedirvos desculpas por ter algo abandoado o blog estes días, pero é que o traballo electoral vai cada día a máis. Moito que facer, pero tamén cada día máis divertido. Xa chegamos a esa fase na que a sede é un fantástico barullo de compañeiros entrando e saíndo, traballando en mil cousas dende primeira hora da mañá ata ben entrada a noite. Risas, berros, bromas e moita ilusión é o que se respira no noso local.
Son case as 12 da noite. Tiñamos previsto saír a pegar carteis para o acto de presentación da candidatura (este venres ás 20:00 na Casa da Cultura) pero o orballo fastidiounos o plan. Así que, logo de tomar unha de raxo e outra de chipiróns no Roibén, volvemos para a sede e estamos dándolle á divertida tarefa de mollar e arrincar dos paneis de madeira os carteis das últimas eleccións, os das autonómicas, para volver nuns días a pegar os novos carteis que colgaremos nas farolas de todo Fene. Na imaxe podedes ver a Carlos, a Jose e a Gabi; non sae, pero tamén anda por aí, Antón, o Secretario Xeral, organizando todo o cotarro.
Teño unha amiga, Silvia, que di que para ser militante dun partido hai que ser algo friki. Ás veces penso que ten algo de razón, porque é difícil definir doutro xeito a alguén que a estas horas, en lugar de estar na cama ou vendo a tele, está na sede raspando carteis, pero o certo é que se pasa moi ben. Vou botar unha man. Ata mañá!
2 comentarios
Deixa unha resposta


Bos días. Este comentario non versará sobre o anterior artículo, senon que será para desexarvos sorte tanto na presentación que faredes o venres como nas urnas o día das eleccións. O dito, sorte, ánimo e que non decaia esa ilusión para conseguir o voso obxetivo. Saudos dende Pontedeume.
Acuérdate que el trabajo que ve la gente (la que decide) es el trabajo de calle, a veces es más productivo tomar una de chipis en el Roibén que 3 o 4 horas de trabajo administrativo en la sede. Mañana nos vemos en la presentación.
Un abrazo ;)