ivanpuentes.com

Os xubilados destronan ós bombeiros

Mercedes na Peluquería

Hoxe pasei pola Deputación da Coruña para resolver uns asuntos de Fene e estiven cunha boa amiga, Pilar Souto, deputada provincial e voceira do PSdeG en Arteixo. Cando nos despedimos, regaloume o calendario máis orixinal dos que teño visto este ano, o da Asociación de Xubilados e Pensionistas de Arteixo e da Asociación Cultural Melandrainas.

Os xubilados tomaron nota da iniciativa dos bombeiros de medio mundo e posaron desnudos para este calendario. As fotos son moi boas, déixovos a de “Mercedes en la Peluquería”. Non sei que pasaría se un día os políticos de Fene decidísemos facer algo parecido ;-)

2 comentarios

  1. belelle | 26 de Xaneiro de 2007 - 1:43 pm

    calendario orixinal? a este ritmo o calendario máis orixinal será aquel en que saia todo o mundo tapado!

  2. ivan | 26 de Xaneiro de 2007 - 6:04 pm

    Ja, ja, ja…! Tes toda a razón do mundo. Estou farto de ver bombeiros espidos, pero a verdade é que é a primeira vez que vexo atreverse ós xubilados, un colectivo do que sempre temos a idea de que é conservador, tradicional…

    Hoxe xa me pediron algún calendario destes. Saúdos ;-)

Deixa unha resposta